boletines
Cargando... páginas
Máster 2010
enlaces
- Articulos medicos - Articulos medicos y estudios recientes
- Congresos médicos - Calendario de congresos y eventos
- El cine, según Víctor Martínez - Blog sobre cine
- Recetas y cocina - Recetas de cocina
- Thermomix - Recetas thermomix
De PABLO VAAMONDE GARCÍA
1. A definición
Hai anos a xente do rural buscaba con frecuencia a axuda do compoñedor ou do curandeiro. Esta práctica, instalada durante moito tempo na nosa cultura popular, está a ser desplazada por outras ofertas terapéuticas. No contorno occidental estase a producir unha presenza cada vez maior do pensamento máxico e esotérico. As chamadas “medicinas alternativas” non son máis que a maneira que adopta este tipo de pensamento, alleo á ciencia, no terreo da saúde e a doenza. Moitas veces o doente que non atopa a resposta desexada no sistema sanitario busca solucións neste tipo de ofertas.
Estas prácticas pseudocientíficas son, a miudo, realizadas por profesionais formados nas Facultades de Medicina. Resulta escandaloso, pero sucede: entre os universitarios o coñecemento do método científico é máis ben escaso. Cómo é posible que neste momento histórico persistan as pseudociencias? –interpela Javier Peteiro no seu libro El autoritarismo científico-: “O máxico ten impregnado a natureza humana desde sempre. Non imos cambiar fácilmente unha historia de millóns de anos. Ese é o gran perigo das pseudociencias: o atractivo da irracionalidade”.
Unha das “medicinas paralelas” que ten máis predicamento, que está moi introducida en varios países europeos (Francia, Alemania, Italia) e que move un mercado multimillonario é a homeopatía. Foi concebida a finais do século XVIII polo médico alemán Samuel Hahnemann, como unha forma de mellorar o espíritu vital do corpo, e a súa premisa fundamental é que “o semellante cúrase co semellante”. Este galeno saxón elaborou unha doutrina baseada no concepto da similitude, partindo de xeralizacións e mínimas probas experimentais. De maneira sintética diremos que a homeopatía basase en dous principios:
1. A lei da similitude: os produtos que producen nun organismo san uns síntomas determinados, son capaces de curar eses mesmos síntomas nun individuo enfermo.
2. A lei dos infinitesimais: os efectos homeopáticos dunha substancia mantéñense e mesmo medran a medida que se van reducindo as doses ata cantidades mínimas despois de numerosas dilucións. De tal xeito, canto máis diluido estea un principio, maior será o seu efecto terapéutico.
2. A controversia
Estas pretendidas leis homeopáticas nunca foron demostradas e son totalmente incoherentes co pensamento científico actual. A posición dominante na literatura científica é que a homeopatía non ten sido capaz de demostrar por medios obxectivos unha efectividade específica, maior que a do efecto placebo (efecto benéfico obtido por unha terapia e que non se xustifica polo propio acción do principio activo). Neste senso compre lembrar que o efecto placebo está sempre presente en toda relación terapéutica. O placebo máis potente ven ser o propio médico quen, co seu apoio afectuoso, pode potenciar en grande medida a acción dos fármacos. O grande problema é que, coa medicina moderna baseada na tecnoloxía e o uso de aparellos, a relación médico-paciente resulta, moitas veces, deficiente polo que os doentes sinten a tentación de buscar unha atención máis humana noutro tipo de alternativas.
Máis cómpre divulgar que a homeopatía non pode ser a resposta: Ningun dos numerosos ensaios realizados, cando ainda se consideraba a homeopatía digna dun xuizo xusto, logrou demostrar as reivindicacións dos homeópatas. No ano 1988 a prestixiosa revista Nature publicou un artigo do profesor Benveniste que parecía demostrar a eficacia destas terapias preparadas por sucesivas dilucións. Ainda que non se mencionaba no artigo, ese estudio fora patrocinado pola industria homeopática francesa. Despois de varias repeticións dos experimentos de dito profesor, levadas a cabo por unha comisión de observadores, non foi posible confirmar os resultados iniciais. O editor de Nature tivo que publicar unha rectificación con este título: “A desilusión da alta dilución”.
O doutor Peteiro, xa citado, é contundente: “a homeopatía carece de base científica, os homeópatas defenden dogmáticamente os seus postulados e o efecto terapéutico dos principios activos a concentracións tan baixas que poden dar lugar a disolucións nas que a probabilidade de atopar só unha molécula do principio activo sexa despreciable”. “Pero a homeopatía move un mercado millonario e tamén os videntes seguen a gañarse a vida botando as cartas”.
3. A actualidade
A mediados do mes de agosto La Voz de Galicia publicou unha amplia reportaxe sobre a homeopatía, co aval do Colexio de Médicos de A Coruña. Un médico, exercendo de portavoz e propagandista desta práctica, afirmaba rotundo: “ A homeopatía estimula a forza de curación interna do noso organismo”. Non se escatimaban loubanzas no artigo: “Unha opción terapéutica eficaz sen efectos secundarios nin contraindicacions”.
Os Colexios Médicos existen, básicamente, para velar pola boa práctica profesional con arreglo aos principios éticos e baseándose nos coñecementos científicos de que se dispoña en cada momento histórico. Facer propaganda de prácticas acientíficas, fora da regulación oficial e sen o aval das Facultades de Medicina é unha actuación contraria aos fíns que debe perseguir dita institución.
O doutor Javier Peteiro remiteulle unha carta ao Presidente do Colexio de Médicos de A Coruña nos seguintes termos: “Ler, a estas alturas, unha defensa da homeopatía é, cando menos, patético. (…) Non podía faltar nesta pintoresca entrevista a utilización sen fundamento do termo ´cuántico`. Así, como algo moderno. Faltan outros: ´enerxías, ´chakras`.. (…) Decir que a homeopatía está sendo probada na India en cancerosos pode inducir a pacientes actuais a buscar miragres donde non os hai. Respalda iso o Colexio? Un enfermo incauto ou desesperado pode recurrir ao máxico. (…) O que non é asumible, por irracional, é que o Colexio de Médicos avale prácticas que, mesmo sendo inocuas (tal como é o auga), poden danar ao doente ao apartalo de posibilidades terapéuticas realistas ou inducindo o consumo de placebos ben caros. (…) Por eso reclamo, señor presidente, que desautorices o antes posible a homeopatía como práctica pseudocientífica no mesmo medio no que se ten producido tan lamentable entrevista”.
Non houbo resposta. Nin a haberá. O presidente do Colexio de Médicos de A Coruña, Luciano Vidán, home de Romay desde hai décadas, está máis atento a procurar que a institución que preside avale e apoie as políticas de destrucción da sanidade pública que está a desenvolver a Consellería de Sanidade. A vixiancia da boa práctica médica queda nun segundo plano.
Aquí queda, pois, esta denuncia, por se alguen quere escoitar. Como dixo Anthony Garrett: “A grande escala, a historia amosa que a poboación, sen sentido da crítica e mal informada, é terreo abonado para todo tipo de prácticas e crenzas intolerables. Nunha sociedade tan aberta e susceptible como a nosa, a verdade precisa de toda a axuda que lle poidamos proporcionar”.
A documentación deste artigo foi recollida básicamente destas fontes:
-Cadernos de Atención Primaria. (Cad Aten Primaria 1997;4:83-93)
- Skrabanek, Mc Cormick. Sofismas e desatinos en medicina. Ed Doyma. Barcelona, 1992.
-Peteiro Cartelle. El autoritarismo científico. Miguel Gomez ediciones. Málaga, 2010.
A Coruña, 4 de setembro de 2011.
Gabriel Camacho Cascajo (A Coruña, 1974), médico especialista en Medicina de Familia y experto en Homeopatía y Medicina Integrativa de la Policlínica Assistens, defiende que solo profesionales de la medicina sean los que prescriban Homeopatía y afirma que nadie debería rechazar, por desconocimiento, una terapia que considera complementaria a la medicina convencional.
Ver entrevista completa en formato PDF para LA VOZ DEL COLEGIO MÉDICO.
En tiempos convulsos para la homeopatía, no está de más dejar reflejadas frases pronunciadas por personas célebres que la apoyan:
- La homeopatía permite curar a más personas que cualquier otra terapéutica. Es el método más reciente y el más especializado para tratar de modo económico y no agresivo. Mahatma Gandhi
- Las dosis homeopáticas tal vez son las más potentes. Feodor Dostoievski
- La introducción de la homeopatía ha obligado al médico de la antigua escuela estudiar de nuevo algo racional, acerca de su profesión. Debemos estar agradecidos de que la homeopatía haya sobrevivido a los ataques de los médicos alópatas que querían destruirla. Mark Twain
- La homeopatía es el método que frente a la enfermedad, es el más seguro y fiable. Ha resistido a todos los ataques por parte de la práctica médica ortodoxa desde más de cien años. Yehudi Menuhin
- La elevada misión del médico, su única misión, es la de restituir al enfermo en su salud, lo que se denomina: curar. Samuel Hahnemann,” Organon de la Medicina”
- En mi vida, he tenido grandes revelaciones: la primera fue el Be-Bop y la segunda, la medicina homeopática. Dizzy Gillespie
- La medicina homeopática es una ciencia que no tiene final; ¡al cabo de 45 años de práctica más o menos, existen muchas particularidades homeopáticas que continúo aprendiendo! Dr Douglas M. Borland
- No puedo funcionar sin la homeopatía. No voy a ningún sitio sin mis remedios homeopáticos. Los utilizo a menudo. Paul McCartney
- Tina Turner tiene la imagen de una mujer muy joven. No se priva de nada. Bebe un vaso de vino mientras come y no sigue ninguna dieta ni toma vitaminas. Si padece estrés, consulta a un homeópata. Tina Turner
- John D. Rockefeller vivió hasta la honorable edad de 98 años. A menudo viajaba, acompañado por su homeópata. Decía que la homeopatía constituye un paso hacia una medicina progresiva y no agresiva. John D. Rockefeller
- Sólo utilizo la homeopatía, incluso para mis dos hijas. Mariel Hemingway
- Tanto la increíble experiencia de los pacientes como la práctica de los médicos homeópatas habla en favor de la eficacia de esta medicina, de sus remedios y de sus dosis… James William Banner
- No recuerdo nunca haber querido ser médico. Hacia los 5 ó 6 años, los médicos que conocí sembraron en mí este deseo. El Dr. Justice Gage Weight, un médico homeópata, fue el mejor ejemplo. C. Everett Koop
- El homeópata es perfectamente capaz de satisfacer las demandas terapéuticas de nuestra época, aún mejor que cualquier otro sistema o escuela de medicina. Charles Frederick, fundador de la clínica Menninger.
- Si no hubiese sido actriz, me habría convertido en una homeópata. Lindsay Wagner
- Dad las gracias a Arnica, el mejor amigo de Catherine Zeta-Jones. Este amigo es un remedio homeopático y ambos se conocieron durante un difícil rodaje: “el dolor estaba ausente cuando tomaba Árnica… No temo ya a los moratones.” Catherine Zeta-Jones
- Los remedios homeopáticos pueden ser muy beneficiosos para los trastornos, leves y graves, del embarazo, el parto y el postparto. A veces, la homeopatía puede prevenir unas complicaciones y problemas que la medicina convencional no sabe resolver. Judy y Pincus Jane, coautores de “The New Our Bodies, Our Selves”.
- No es que nuestros colegas homeópatas se duerman. Lejos de ello: están despiertos, al menos alguno de ellos, en cuanto a la importancia del estudio científico de las enfermedades. Sir William Osler (el considerado “padre de la medicina moderna”).
- La Homeopatia no se apoya en base vacilante, se levanta sobre cimientos muy firmes erigidos por Samuel Hahnemann con sus remedios que fueron desde su principio palanca de muy alta cultura para toda la humanidad. Es una ciencia simplificada, en la cual puede penetrar todo ser humano tan solo dotado de capacidad natural y sana. Ojalá despierten para la Homeopatía nuevos mecenas, protectores y amigos. Ningún médico debería prescindir de ella, a menos que renuncie al arte de curar y se contente con curas puramente paliativas, las cuales no sanarán al enfermo. Dr Willmar Schwabe. Leipzig. 1886. “Tratado de Terapéutica Homeopática 1er Tomo”.
- Hahnemann hizo la homeopatía a prueba de idiotas, pero alguien construyó mejores idiotas. Vaikunthanath Kaviraj
Extraído de un artículo de la web www.abchomeopatia.com
acerca de
Hola, estás viendo el blog sobre Medicina Integrativa del doctor Gabriel Camacho.
categorías
- Alimentos (52)
- Artículos Medicina Integrativa (92)
- Casos clínicos (6)
- Formación (6)
- General (5)
- Medicamentos homeopáticos (61)
- Medicina y Cine (8)
- Medicina y Literatura (21)
- Plantas medicinales (32)
- Tecnología de los alimentos (58)
meta
calendario
| L | M | X | J | V | S | D |
|---|---|---|---|---|---|---|
| « ene | ||||||
| 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | ||
| 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 |
| 13 | 14 | 15 | 16 | 17 | 18 | 19 |
| 20 | 21 | 22 | 23 | 24 | 25 | 26 |
| 27 | 28 | 29 | ||||
Entradas Recientes
Brigantia Servicios Tecnológicos, diseño y posicionamiento de páginas web en A Coruña




